Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

ADXECTIVOS

  • Aghuzado: Rematado en punta.
  • Borno:Lixeiramente quente.
  • Caspados(Os labios):Labios con peles soltas, normalmente debido ao frío. 
  • Cotío:De diario. Ando coa blusa do cotío.
  • Encarunchecido:Cheo de mofo. Teño as cortinas encarunchecidas.
  • Encoirado: Que está sucio e sobado.
  • Enxuto:Seco. Teño os pés enxutos.
  • Inzado:Cheo de algo. Tiña o can inzado de pulgas.
  • Pedrés:Dise do animal que é branco e negro
  • Titanca:Animal enclenque que non medra nin engorda.

1 comentario:

  1. Sonanme casi todas pero hay muitas mais. Eu acordome cando miña abuela falaba usaba muitas delas como o UL da mesa (mantel) as cabirtas (chivas) etc etc

    ResponderEliminar