Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

CANTIGAS E CONTIÑOS PARA NENOS

PAXARIÑO RECHINCHIÑO
Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da pía de tía Inés
que te toca a túa dita ves.


PAXARIÑO RECHINCHIÑO(Variante)
-Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da casa de doña Inés
-Vaite ti, que te toca a túa dita ves.
Vanse tocando os dedos do bebé e ó que lle toque a palabra “ves” escóndese. E así ata escondelos todos. Este dito tamén se usa para botar as sortes.

ESTE QUEIXO...
Este queixo, queixolán,
esta boca pide pan,
este nariz, naricete,
e este ollo dixo...
que te de un cachete.
Vanse tocando aspartes da cara do neno e o chegar aos ollos dáselle un amago de cahete na meixela.

O GHATO
Era unha ves un ghato
cas pernas de trapo
e a cabeza ó revés.
Queres que to conte outra ves?
Este é un conto dos de "nunca acabar"


XAN PERILLÁN
Xan Perillán,
dacabalo dun can;
o can era coxo,
tirouno nos toxos;
o toxo era bravo,
picoulle no rabo.
¡Pobre do can
de Xan Perillán!
Conto
XAN PERILLÁN (Variante)

Xan Perillán,
dacabalo dun can;
o can era coxo,
tirouno nos toxos;
o toxo duro
furoulle o bandullo.

A BIXANIÑA
Voa, bixaniña,voa
que teu pai ven de Lisboa
e traite unha camisa nova.
Cando se atopaba unha xoaniña, púñase na man aberta e cantábaselles esta cantiga para que voara.


SANTA MARÍA
Santa María,
morreu miña tía, 
dábanlle papas
e non as quería,
dábanlle viño,
que ben lle sabía!
Conto-chiste
POLA SEÑAL
Pola señal da Santa Carracha
viño maduro pa esta borracha
Papús papús
Amén Jasús.
Conto-chiste

MANUEL
Manuel por ve-las mozas,
fixo unha fonte de prata,
as mozas non van a ela,
Manuel todo se mata!
Conto-chiste

2 comentarios:

  1. Pola señal da Santa Carracha
    viño maduro pa esta borracha
    Papus papus
    Amen Jasus

    ResponderEliminar