Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

ADIVIÑAS

  • Cal é a planta a que máis señoritas lle queren?
  •  a planta dos pés
  • Catro na cama, catro na lama, dous que lle atizan e un que lle abana.
  • Cuatro na lama, cuatro na lama, dous parafusos e un que lle abana.
  • Catro correfontes, dos turuturús e un dalle-dalle
 a vaca
  • Que é aquilo, que é aquilo, que pica de vivo e de morto aínda pica máis?
 a silveira
  • Que é aquilo, que é aquilo, que sempre anda e nunca chegha a casa do seu amo?
 o muíño
  • Que é aquilo, que é aquilo, que  brilla coma a plata, e plata non é, foza coma o porco, e porco non é?
  •  o arado
  • Que é aquilo, que é aquilo, que  chegha o monte e da un ghrito?
 a escopeta
  • Existo cando estou preso e cando estou libre morro.
o segredo
  • Que é o que nace na devesa coas mans atadas a cabeza? 
o fento
  • Na rúa me collen,na rúa me deixan,en todos os sitios entro,de todos os sitios me sacan.
o po
  • Unha señorita, moi señoritanga, con moitos remendo e ningunha puntada.
    •  a galiña

       

      No hay comentarios:

      Publicar un comentario