Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

SUBSTANTIVOS

  • Abada:O que colle no mandil ou saia cando se collen as puntas de abaixo e se doblan para arriba. 
  • AcenosSeñas
  • Alcoubo: Lugar onde se sementan e se crían certas plantas durante un curto período de tempo para seren logo transplantadas.
  • Alicorno: Verme grande de colores vivos ou peludo que se acaba transformando nunha bolboreta.
  • Argibal, algibal ou argidal: Pota de barro de cu estreito e boca ancha que se usaba na matanza do porco para recoller o sangue.
  • Becha: Serpe.  
  • Bixaniña: Xoaniña.
  • Bochecha: Meixela. 
  • BorrallaCinza que queda despois de queimar a leña.
  • Braghallazo: Golpe dado cunha vara flexible ou coa póla dunha planta.
  • Braghasta: Pau longo e flexible, vara.
  • Cacifre: Cofre
  • Campa:Tumba
  • Candeas:Follas dos piñeiros. 
  • Caroza:Capa impermeable para os días de chuvia feita con palla. 
  • Carroucho:Escarabello.
  • Catalana:Ola de barro. 
  • Chiqueiro: Auga estancada e sucia.Lamizal
  • Chiquita:Taza pequena de viño.
  • Cortello: Alpendre. 
  • Erghanón ou Arghanón: Rata(das grandes)
  • Ervilla: Chícharo.
  • EstamoEstómago.
  • Fachiza:Antorcha feita con palla. 
  • Ferrado:Medida antiga para medir o gran. 
  • Filloza: Filloa feita con sangue de porco.
  • Fome:Fame.
  • FunilEmbude.
  • Ghalleiro: Aparato con moitos ganchos onde se colgan as chourizas para afumalas.
  • Gharabello: Ferrollo, pasador de ferro movible entre dúas argolas que serve para atrancar portas ou ventás
  • Ghizo/Gharabizo:Pauciño pequeno. 
  • Ghorxela: Esófago.
  • Ghrueira:Burato nun balado ou parede para desaguar.
  • Laghareta: Máquina manual para separa a parte sólida das uvas(baghazo) do viño
  • Liscranzo ou licuranzo:Réptil parecido as serpes que as veces ten patas
  • Matacandil: Insecto parecido a nun gran mosquito que acude a luz pola noite.
  • Nespra:Avespa.
  • Pichela: Xarra. 
  • Pisquiño:Paporrubio.
  • Prixel:Perexil
  • Raxeira: Lugar onde da o sol. 
  • Rexóns: Parte sólida que queda despois de tostar a graxa do porco.Touciño frito. 
  • Ripia: Paus de corte cadrado que se colocan en paralelo nun tellado para poñer as tellas.
  • Sághrimo: Zona do dedo que está debaixo da uña.
  • Saramaghanta (Sarmaghanta): Salamántiga.
  • Tralla:Anaco de corda. 
  • Tripieiro (Estrepieiro): Especie de armazón con tres patas para pousar na lareira e poñer as olas enriba.
  • Xerghón: Colchón feito con follatos de millo. 
  • Xinelo: Burato pequeno nunha parede. Oco pequeno entre as pedras dunha parede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario