- O que queira peixe, que molle o cu.
- Brétema na montaña, pescador á cabaña.
- Pescador de caña, perde máis que ghaña.
- Reunión de pastores, ovella morta.
- A ovella que bala, o pastor vai buscala.
- Gado mal gardado, máis é do lobo que do amo.
- No ano que moito chove, o labrego traballa máis que come.
- O labrego quere o sol na porta e a chuvia na horta.
- O que sementa e cría, tanto gaña de noite que no día.
- Mentres o labrego durme, o millo medra.
- Cando en xaneiro fai vran, vendelos bois e metelo en pan.
- Polo San Silvestre saca os allos da reste.
- A chuvia por San Xoan, tolle o viño e non da pan.
- Un día de obra, un mes de vasoira.
- Boa madeira, bo oficial espera.
- Mercar e vender, bo camiño para enriquecer.
- Machacando, machacando o ferreeiro vai afinando.
- Na casa do ferreiro, coitelo de pau.
- Casa de ferreiro, espeto de pau.
- Nin ferrería sen fragua, nin vento sin agua.
- Mans de xastre, non manchan a tela.
- A conta dos traxes, aprenden os xastres.
- Quen non fai e desfai, non é bo xastre.
- Costureira sen dedal, cose pouco e mal.
- Vinte oficios ten Adán, e de ningún gaña o pan.
- Zapateiro remendón, xa no oficio leva o don.
- O criado antigo, máis que criado é amigo.
- Na terra daquel home, o que non traballa non come.
- Costureira sen dedal, cose pouco e mal.
- O que da o que ten, a pedir ven.
- O que de vello quere folgar, de novo ten que traballar.
- Xente nova e leña verde, tudo e fumo.
- Cando naceu o sapo, naceu a sapa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario