- Aghoiro: Persoa molesta e agobiante.
- Bandallo: Persoa que non gusta do traballo e da limpeza.
- Bichicome: Persoa que quere todo para el.
- Bule bule: Persoa inqueda.
- Cancareño: Persoa que non ten capacidade de decisión.
- Cantamañanas: Persoa que fala moito pero non fai nada.
- Chancarello/a: Persoa que fala moito.
- Cheiretas(Chineta): Persoa demasiado curiosa que quere saber o que pasa no seu entorno para controlalo todo.
- Cincotripas: Persoa moi delgada.
- Falabarato: Persoa que fala e presume do que dí pero non cumple, non fai nada.
- Fedello ou fosquello: Persoa inqueda que toca en todo.
- Fodiñas: Persoa que se mete cos demais para picalos.
- Furafollas: Persoa inqueda que toca en todo.
- Lacazán-lacazana:Folgazán.
- Larapio/a:Persoa que rouba a comida.
- Lideiras:Persoa que non para.
- Mundrullo: Persoa apática e porca.
- Pandorca:Paspana, que non presta atención.
- Paneleiro/a: Persoa que fai a pelota. Tamén se lle aplicaba aos homes que facían os traballos da casa que antes solo se asociaban a muller.
- Pantumineiro/a:Persoa que fai a pelota.
- Paxó:Persoa apática e pouco disposta.
- Pilincrín ou pilingrin : Home pouco traballador e irresponsable, xeralemente descoidado incluso na hixiene.
- Reghañada:Persoa que ri moito e escandalosamente.
- Vivalavirghen: Persoa vividora que non toma responsabilidades.
- Xanciño: Persoa sen moito carácter, que sempre é gobernada por outros.
Unha artesa, un tesouro,
artesourando…
Onte, fariña e pan,
para amansar as fomes do corpo.
Hoxe, verbas esquecidas,
para amansar as fomes da ialma.
Unha artesa, un tesouro,
artesourando a nosa fala.
Buscar este blog
SUBSTANTIVOS PEXORATIVOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario